jueves, 19 de marzo de 2015

POR QUE TEMOS EMBIGO?

Actividade realizada por as 3 matronas autoras deste blog, Sara Carro Oubiña, María José Lamas Peña e María Sonia Vázquez Vilabrille, dirixida ós nenos e nenas de 5, 6 e 7 anos, ata agora levada a cabo en 2 colexios ( EEI A PASTORA E CPI TINO GRANDÍO)


Obxetivos da actividade:
·         Dar a coñecer a profesión de Matrona ós nenos e nenas.
·         Coñecer o propio corpo, tratar as diferencias entre o corpo da nena e o do neno, integrando os xenitais de forma natural como unha parte máis, coñecer as súas características e a súa morfoloxía.
·         Coñecer os cambios que ocorren no corpo cando nos facemos adultos.
·         Fomentar o respeto e a estima por un mesmo, valorar por igual ambos sexos.
·         Coñecer o proceso da fecundación, embarazo e parto.
Metodoloxía:
1º Recollida de ideas previas ou primeiras hipóteses: levarase a cabo un día antes da actividade
 A través dunha serie de cuestións abertas:

  • Que é unha matrona?
  • Por que temos embigo?
  • De onde veñen os nenos e nenas? 
  • Como se formaron dentro do abdome materno?...
  • Que levante a man quen ten vulva.
  • Que levante a man quen ten pene.
O  mestre anotará as respostas que den libremente os nenos e nenas (non lles dirá se están no certo).
Debuxo: “Como te imaxinas a unha matrona?”

2º Contidos da actividade:
1.  “A figura corporal e a identidade sexual”.
Xogo na pantalla táctil de localización de todas as partes do corpo do neno e da nena. Identificalos cambios que se producen no corpo cando medramos.
2. “A nosa orixe”.
Coloquio sobre os órganos sexuais e a súa función, sobre o embarazo e o parto. Diapositivas con debuxos. Vídeos: Fecundación e embarazo para nenos.
3.  “Xogamos”
Maquetas: visualizar e tocar fetos de diferentes tamaños, situalos dentro do útero.
Auscultación do  latido cardíaco dos nenos e nenas mediante doppler fetal e estetoscopio de Pinard.

3º Valoramos os coñecementos aprendidos:  farase uns días despois da actividade.
 “Así era eu cando estaba dentro da barriga de mamá” Representación con plastilina dun feto unido polo cordón umbilical á placenta, sitúalo dentro do abdome materno.

Debuxo: “A matrona no seu traballo”.


No hay comentarios:

Publicar un comentario