POR QUE TEMOS EMBIGO?
Actividade
realizada por as 3 matronas autoras deste blog, Sara Carro Oubiña, María José Lamas Peña e
María Sonia Vázquez Vilabrille, dirixida ós nenos e nenas de 5, 6 e 7 anos, ata agora levada a cabo en 2 colexios ( EEI A PASTORA E CPI TINO GRANDÍO)
Obxetivos da actividade:
·
Dar a coñecer a profesión de Matrona ós nenos
e nenas.
·
Coñecer o propio corpo, tratar as diferencias
entre o corpo da nena e o do neno, integrando os xenitais de forma natural como
unha parte máis, coñecer as súas características e a súa morfoloxía.
·
Coñecer os cambios que ocorren no corpo cando
nos facemos adultos.
·
Fomentar o respeto e a estima por un mesmo, valorar
por igual ambos sexos.
·
Coñecer o proceso da fecundación, embarazo e
parto.
Metodoloxía:
1º Recollida de ideas
previas ou primeiras hipóteses: levarase a cabo un día
antes da actividade
A
través dunha serie de cuestións abertas:
- Que é unha matrona?
- Por que temos embigo?
- De onde veñen os nenos e nenas?
- Como se formaron dentro do abdome materno?...
- Que levante a man quen ten vulva.
- Que levante a man quen ten pene.
O mestre anotará as respostas que den
libremente os nenos e nenas (non lles dirá se están no certo).
Debuxo:
“Como te imaxinas a unha matrona?”
2º Contidos da actividade:
1. “A figura corporal e a identidade sexual”.
1. “A figura corporal e a identidade sexual”.
Xogo na pantalla táctil de
localización de todas as partes do corpo do neno e da nena. Identificalos
cambios que se producen no corpo cando medramos.
2. “A nosa orixe”.
2. “A nosa orixe”.
Coloquio sobre os órganos sexuais
e a súa función, sobre o embarazo e o parto. Diapositivas con debuxos. Vídeos:
Fecundación e embarazo para nenos.
3. “Xogamos”
Maquetas: visualizar e tocar
fetos de diferentes tamaños, situalos dentro do útero.
Auscultación do latido cardíaco dos nenos e nenas mediante
doppler fetal e estetoscopio de Pinard.
3º Valoramos os coñecementos
aprendidos: farase
uns días despois da actividade.
“Así era eu cando estaba dentro da barriga de mamá” Representación con plastilina dun feto unido polo cordón umbilical á placenta, sitúalo dentro do abdome materno.
“Así era eu cando estaba dentro da barriga de mamá” Representación con plastilina dun feto unido polo cordón umbilical á placenta, sitúalo dentro do abdome materno.
Debuxo:
“A matrona no seu traballo”.